Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sesión de baile, combact e ioga a carón da climatizada

ames. A última sesión do programa Saúde nas prazas terá lugar este martes, 31 de agosto, ás 20.30 horas. O departamento de Promoción da Saúde, en colaboración ca empresa BeOne, invita a acudir a todos os veciños á Praza da Horta de Arriba, xunto á piscina climatizada de Bertamiráns, onde se impartirán sesións de baile, combat e ioga. Ademais, a xornada rematará cunha merenda de alimentos saudables. Non é preciso inscrición previa. Baile na rúa, combat e ioga. Os veciños de Ames, de todas as idades, levan desfrutando destas actividades dende o 5 de xullo. Durante os luns e martes de verán, as prazas de Chavián e da Horta de Arriba, en Bertamiráns, e a Praza da Madalena e a casa da cultura do Milladoiro enchéronse de persoas animadas a facer deporte dun xeito lúdico.

A concellería de Promoción da Saúde organizou este proxecto para achegar e fomentar hábitos de vida saudables á veciñanza da capital maiá. m. manteiga

31 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.