Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sete toneladas menos de lixo coa limpeza de ríos de Adega

Santiago. Adega fai o primeiro balance da XV Limpeza Simultánea de ríos, destacando que houbo grupos grandes e pequenos, tanto de rapazada como de adultos, acadando nun primeiro reconto as sete tonelas de residuos retirados en corenta e un concellos.

Segungo a organización, limpáronse grandes ríos “e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados”, suliñan.

E foi este domingo 25 de setembro de 2022 cando se realizaba a limpeza simultánea, se ben algúns colectivos adiantárona a xornadas anteriores. En cada localidade a actividade foi coordinada por diferentes colectivos, dende asociacións ecoloxistas, culturais, centros de ensino e concellos, chegando ás cincuenta e nove entidades.

Así, houbo concellos nos que participaron varias asociacións limpando diferentes ríos como foi o caso de Gondomar, Santiago de Compostela ou Verín, entre outros. Este ano fíxose a limpeza en 47 treitos de río e participaron, nos resultados preliminares, 591 persoas. M. Outeiro

26 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.