Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Simulacro de incendio: o día 19 arderá Aldea Nova

A Maía. O salón de plenos de Ames acolleu a presentación dun simulacro de emerxencia por incendio forestal con perigo para o núcleo de poboación de Aldea Nova que chegará o vindeiro día 19.

Trátase da resposta ante unha activación do plan especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais na comunidade autónoma de Galicia (Peifoga) en situación 1 e o paso a situación 2. Desenvolverase, ademais, nos lugares de Roxos (parroquia de Villestro, pertencente ao Concello de Santiago de Compostela), e na urbanización de Aldea Nova (parroquia de Ortoño, no concello de Ames). Comezará ás 08.45 h. cun incendio de nivel 1 na zona de Roxos, que ao non poder ser controlado, pasará a nivel 1 chegando ao nivel 2 ao longo da mañá. Participarán forzas da orde e emerxencias, e vanse a realizar diferentes exercicios como control de tráfico, activación e funcionamento do Centro de Recepción de Medios ou protección de vivendas. M.M.

04 may 2022 / 16:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.