Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Só medio cento de veciños seguiron o pleno amesán sobre o estado do Concello

AMES. Desde o ano 2018, e por mor da situación extraordinaria provocada pola crise COVID, non se celebraba un pleno sobre o estado do Concello en Ames. Precisamente, a xestión da pandemia, xunto coas políticas económicas, protagonizaron unha boa parte das intervencións que, de calquer xeito, apenas seguiron medio centro de persoas on line.

Tanto o alcalde como os voceiros das distintas forzas políticas lembraron ás familias afectadas e agradeceron ao persoal municipal o esforzo e eficacia á hora de adaptarse aos novos xeitos de traballo. Malia diferenza de criterios, especialmente en asuntos económicos, a sesión desenvolveuse nun clima de cordialidade, unidade e respecto.

Nas súas intervencións, tanto Cidadáns como o PP coincidiron en criticar a enorme cantidade de contratos menores, que restrinxen a libre concorrencia, e o PP tamén cargou contra a suba do IBI nestes tempos. Pola súa banda, o rexedor Blas García matizou que “o contrato menor é totalmente legal e aparece procesado na lei, senón no usaríamos, e mentres non o quiten da Lei de Contratos, seguirémolo usando”, e anunciou ademais a intención de dar os primeiros pasos para renovar o Plan Xeral, agradecendo o ton cordial. m. manteiga

08 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.