Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Solicita o PP de Teo unha actuación na rede viaria e outra en Luou

Piden ampliar a DP 8201 ao seu paso pola vila e acabar co caso de anegamento

Teo. Os populares de Teo aproveitaron o último pleno provincial para presentar dous rogos á Deputación cos que pretenden acadar melloras na rede viaria DP-8201 e na parroquia de Luou. Con respecto á antedita estrada reclaman a “importancia” de pór en marcha un proxecto de ampliación ao seu paso polo municipio teense. En concreto, a mellora afectaría ao tramo entre a rotonda da autovía en O Piro (Oza) ata Campos (Teo) e no punto que enlaza coa estrada AC-241 (Ponte Ulla-Pontevea).

Dende o PP defenden a “urxencia” dunha actuación que, na súa opinión, garantiría a seguridade viaria desta zona que, a día de hoxe, vese “moi reducida” en determinados puntos dos 4,6 quilómetros.

Por outra banda, os populares presentaron outro rogo que afecta “ao histórico problema de anegamento da parte baixa da carretera no lugar da Igrexa en Luou, que se ve agravado polas últimas actuacións de reasfaltado”, sinalan os populares. E é que segundo din, fíxose caso omiso ás peticións que presentaron en pleno hai dous meses. “Solicitábanse sinalizacións e medidas de calmado de tráfico no núcleo da Igrexa tendo en consideración o continuo tránsito peonil”, explican dende o partido. Recordábase no pleno o “histórico problema” de anegamento na parte baixa da estrada e pedíase que, de cara ás futuras actuacións na zona, se rebaixara a cota da rúa. En cambio, din, estase reasfaltando poñendo unha nova capa enriba da anterior e enterrando “aínda máis a parte baixa”. C.E.

01 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.