Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Solicitan apoio ao delegado do Goberno fronte ós eólicos na Baña

O alcalde de A Baña e membros da asociación de veciños A Fonte Seca veñen de se reunir co delegado do Goberno, José Miñones, de cara a falar dos parques eólicos da zona. “Como noutras ocasións, trasladeilles as particularidades dos proxectos e normativas existentes, así como os requisitos necesarios para que os expedientes teñan continuidade”, aportaba o representante de Pedro Sánchez en Galicia.

Hai que lembrar que o último polígono de aeroxeneradores aprobado, o de Troitimil na Baña, suma cinco grandes muíño, cunha potencia instalada de 30 megavatios (MW) e unha inversión de 21 millóns de euros

Do mesmo xeito, lembraba que as alegacións son importantes de cara a poñer en valor patrimonio ou afeccións, así como o informe da Xunta sobre si está dentro ou fora da ADE, as zonas marcadas pola Comunidade. O colectivo tamén lle trasladou a súa preocupación polos parques tramitados polo Executivo galego dos que non se coñecen os detalles.

19 ago 2021 / 13:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.