Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Solicitan que a Xunta rexeite aeroxeradores en Troitomil

A Barcala. O Concello da Baña remitiu á Consellería de Economía as alegacións municipais contra o parque eólico de Troitomil, solicitándolle á Xunta que rexeite de plano a continuación da súa tramitación para construílo.

Así, destaca que o polígono delimitado ten “unha amplitude desproporcionada respecto da dimensión do parque eólico proposto”, en tanto que para poñer cinco aeroxeradores dunha potencia conxunta de 30 MW a liña do polígono do parque eólico de Troitomil ten 4 quilómetros de longo e abarca unha superficie de case 5 millóns de metros cadrados. Afectaría ás Lañas, Cantalarrana, Buchaín, Nantón, San Mamede, Meimendre, Cotarelo, O Castro, Valiña, Vilasuso, Fiopáns, Troitomil e Estivadiña.

Ademais, din que eliminarían 1.558 hectáreas de alto valor produtivo; que “non se “respectan os 500 metros de distancia esixidos ás edificacións” nin a prohibición de actuar en zonas incendiadas.

Dende Capital Energy lembran os beneficios da enerxía limpa; no emprego; as aportacións ós titulares e que xa reduciron a cifra de aeroxeradores por distancia. m. outeiro

20 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.