Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

SOS do concello de Ames para ampliar a Edar de Sisalde

A Corporación municipal porá a disposición da Xunta os terreos necesarios para este proxecto

O goberno municipal de Ames reitera a petición a Augas de Galicia de ampliar a Edar de Sisalde, que presta servizo aos concellos de Ames e Brión. Un proxecto para o que se comprometen a ceder os terreos necesarios. Dita depuradora, situada ao carón do río Sar, na parroquia de Ortoño, comezou a funcionar o 15 de marzo de 2001 e foi deseñada para atender a unha poboación de 10.400 habitantes.

No ano 2007, a empresa concesionaria do ciclo integral da auga amesán, fixo un informe sobre o estado da mesma no que dicía que se estaba prestando servizo a unhas 18.000 persoas. Isto implicaba sobrepasar nun 80% a poboación que se buscaba atender. Xa no 2017 os datos indicaban que a Edar estaba a disposición de 23.000 habitantes, polo que se recollía no estudo a necesidade de construir outra.

Ante ditas circunstancias o Concello de Ames considera apremiante abordar a ampliación da depuradora, para o que hai que elaborar un proxecto para saber desta forma o investimento que supón. “Augas de Galicia recoñeceu a urxencia e necesidade de ampliar esta estación depuradora”, sinalan fontes municipais, e recalcan que “xa tiña un compromiso no ano 2012 que non se levou a cabo”, sentencian.

Dita solicitude tamén se lle trasladou a pasada semana ao delegado provincial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, co que se reuniron o alcalde de Ames, Jose Miñones, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García. Na xuntanza informaron á Xunta da situación actual da Edar de Sisalde e da necesidade de ampliar esta infraestrutura. “Comentouse co delegado territorial que existe o compromiso de Augas de Galicia, pero que polo momento non se avanzou neste asunto”, recalcan.

O rexedor amesán indicou que “a disposición do delegado territorial foi boa, xa que amosou interese pola ampliación da Edar”. Dita obra “é moi necesaria porque esta depuradora está moi por encima da súa capacidade”. Pola súa parte, Blas García destacou que tal e como mostran os informes técnicos “é necesario que se redacte dito proxecto o antes posible, para poder abordar a ampliación. Para iso o Concello pon a disposición de Augas de Galicia os terreos necesarios”, insistiu o edil.

18 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.