Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Axudas para o material escolar dos nenos do segundo ciclo de Infantil de Ames

AMES. O Concello de Ames vén de aprobar a concesión e o pagamento de axudas por valor de 1.519,58 euros para a adquisición de libros de texto e material escolar de nenos e nenas que cursaran o segundo ciclo de Educación Infantil nalgún dos centros escolares públicos do concello. Dita aprobación fíxose efectiva en dúas quendas, nas xuntas de goberno local do 18 de novembro e do 22 de decembro. En total obtiveron a subvención 30 estudantes. As beneficiarias desta liña de axudas son as familias dos nenos e nenas que estiveron matriculados/as nun centro de ensino sostido con fondos públicos durante o curso 2021-2022, no nivel de Educación Infantil (na segunda etapa, de 3 a 5 anos). O criterio para o reparto de axudas foi a renda per cápita familiar dos solicitantes, determinada sumando os ingresos anuais de todos os membros da unidade familiar maiores de idade e dividíndoo entre o número de membros. Deste xeito establecéronse tamén as contías das subvencións, que en ningún caso excederon os 120 euros por alumno. A convocatoria ten como finalidade facilitar a compra de libros de texto e materiais didácticos para o desenvolvemento da actividade académica dos pequenos e pequenas das familias con menos recursos. C.E.

02 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.