Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 25 enero 2023
01:53
h

Subvencionan catorce proxectos de nove colectivos sen ánimo de lucro

Ames. O goberno amesán aprobou a conta xustificativa do gasto correspondente ao segundo semestre do exercicio 2021, da convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social do Concello de Ames. Suma 35.291 €, máis outros 22.359 euros polas actividades realizadas e aboadas no anterior semestre. En total, 57.650 €, repartidos entre 9 entidades.

Trátase de Arcea Adames, a Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela (APSSC), Cáritas Diocesana de Ortoño e Cáritas Diocesana do Milladoiro, Fonte da Virxe, Fundación Tierra de Hombres, Igaxes 3, AECC e INGADA . Entre todas promoveron un total de catorce proxectos que van dende a educación emocional ao acompañamento integral, pasando por cubrir necesidades básicas ou axudas ao alugueiro.

A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, destacou que “é de agradecer a colaboración e a coordinación que se mantén con estas e outras asociacións que tan gran labor fan no noso concello complementando o traballo que se leva a cabo dende os servizos sociocomunitarios básicos”. E engadiu que “cada ano son máis as asociacións que concorren a esta subvención, polo que este ano ampliamos a contía a 60.000 euros”.

Ademais, Feijóo quixo destacar a calidade dos catorce proxectos e programas presentados polas distintas asociacións solicitantes. M. O.

11 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.