Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 07 febrero 2023
00:59
h

Subvencionan con 55.000 euros a entidades culturais e comisións de festas

Ames. A xunta de goberno amesá concedeu as axudas relativas á promoción das actividades culturais e á organización de festexos tradicionais. Son 30.000 euros entre dez asociacións no primeiro apartado e 25.000 € entre sete entidades no segundo.

As entidades que se beneficiaron da concesión das subvencións foron a Asociación Cultural Os Castros, con 5.561 euros; a Asociación Coro Son Elas Ames, con 1.353 euros; a Asociación Recreativa e Cultural Lojo Batalla de Tapia Ames, con 1.759 euros; así como a Asociación Cultural Antonio Santomil, 1.063 euros.

Tamén recibiron cadansúa axuda a Asociación de Veciños de San Pedro de Bugallido, cun total de 5.978 euros, Nova Escola Galega, con 3.894 euros, e a Asociación de Veciños O Reguiño de Raíces e Casanova, con 2.049 euros.

Por último, o tripartito repartiu subvencións entre o Centro Cultural da Maía, ao que se lle outorgaron 4.736 euros, a Asociación Cultural Follas Novas, 2.198 euros; e a Asociación Cultural A Madalena do Milladoiro, 1.409 €.

No que atinxe á entrega de 25.000 euros que irán a parar ás arcas de sete asociacións e comisións de festas, finalmente beneficiáronse a Asociación Sociocultural Mulleres San Xoán de Ortoño, que recibiu 5.377 euros; a Asociación de Veciños San Pedro de Bugallido, con 2.000 euros, a Asociación de Festas do Milladoiro, con 6.500 euros; así como a Asociación Cultural Comisión de Festas San Lourenzo de Agrón, cun total de mil euros. M. Outeiro

25 nov 2022 / 23:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.