Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Taller na Aula da Natureza de Ameixenda pra elaborar xoias ‘orgánicas’

Ames. A Aula da Natureza amesá continúa ca programación de novembro cun taller para aprender a elaborar xoias a partir de materiais naturais que poidan ser atopados no monte. O curso organízase en dúas xornadas: a primeira terá lugar este sábado 19 de novembro de 16.00 a 19.30 horas, e nela poderán participar calquer adulto, mentres que a segunda será o día 26, de 11.00 a 14.00 horas para os de 10 a 16 anos.

O obradoiro impartirase da man de Malas Herbas artesanía nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda). Para chegar ata alí poñerase a disposición dos participantes un servizo de autobús en ambas xornadas, que sairá dende a casa de cultura do Milladoiro (ás 16.00 horas o día 19 e ás 10.30 horas o día 26) e dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns (ás 16.15 horas o día 19 e ás 10.45 o día 26).

O obxectivo é crear pezas inmersas en resina a partir de material recollido no monte (musgo, anacos de follas, mica...). Cada participante poderá elaborar o seu deseño, elixindo as súas propias pezas e colocándoas ao seu gusto. Todos aqueles que estean interesados en inscribirse poden facelo ata este xoves, 17 de novembro, no caso de acudir á actividade o sábado 19, ou ata o día 24 de novembro, no caso de acudir na quenda do sábado 26. Para anotarse é necesario descargar a ficha de inscrición do enlace web (e enviala ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal). Máis datos no teléfono 660 004 665. M.O.

16 nov 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.