Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Teatro en Ames coa obra ‘Vida de Cans’ o venres

a maía. A programación cultural de Nadal continúa no Concello de Ames este venres, 18 de decembro, co espectáculo Vida de Cans da compañía Talía Teatro. Trátase dunha traxicomedia, que está destinada a un público adulto, escrita e dirixida por Cándido Pazó. Aínda hai entradas dispoñibles que se poden adquirir a través da billeteira electrónica da web municipal (o sitio é www.concellodeames.gal). O evento terá lugar na casa da cultura de Bertamiráns, ás 20.30 horas. Vida de Cans consiste nunha comedia absurda, paródica e metafórica, que fai unha alegoría á liberdade. Este espectáculo ten unha duración de 75 minutos. “Búscase unha reflexión sobre o concepto de liberdade, sobre onde están os límites. Queremos falar de cuestións humanas, pero a través dos personaxes caninos”, asegura o seu autor. Os actores que dan vida aos cans protagonistas son os coñecidos intérpretes galegos Artur Trillo, Toño Casais e Dani Trillo. cg

16 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.