Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 18 octubre 2021
19:39
h

Teatro, maxia e moito cine na programación cultural para o presente outono

Varias concellerías danse a man para incluír outras actividades, como un feiral, excursións ou acampada

Ames. A capital da Maía xa conta cunha programación de outono que destaca polo gran número de actividades e a transversalidade na organización de moitas delas, así como o feito de que a meirande parte dos actos terán máis aforo polo descenso de casos da covid. Teatro, cine, maxia, saídas ambientais, actividades para a mocidade, tamén de animación á lectura e encontros literarios serán parte dunha oferta que incluirá unha Feira de Outono, segundo precisaba o edil de Medio Ambiente, Manuel Lens.

Tamén destacan o Festival de Maxia (22, 23 e 24 deste mes); o Cinema Miúdo (12, 13 e 14 de novembro); a celebración do Mes da Ciencia e do Mes contra as Violencias de Xénero; os programas Trouleaado, Youtubeiras e SexualizArte; cine para adultos; a Feira de Outono que se celebrará por primeira vez; e unha acampada (6 e 7 de novembro) para que a rapazada coñeza o monte.

“Satisfeita e orgullosa da programación, sobre todo pola sensación de que se volve á normalidade”. Así se manifestou a concelleira de Cultura, Natividade González, na rolda de prensa da presentación do Programa de Actividades de Outono no Concello de Ames. González celebrou a amplitude do aforo “que nos permitirá estar ao 90 % en moitas actividades”, a recuperación de algúns programas que por mor da pandemia non se puideron celebrar o ano pasado, “como o caso de Cinema Miúdo”, a consolidación doutros, “como o Festival da Maxia ou o Programa de Encontros Literarios” e a cooperación que tiveron entre departamentos á hora de preparar moitas das actividades: “Cómpre salientar as que imos realizar en novembro para celebrar o Mes da Ciencia e o Mes contra as Violencias de Xénero que elaboramos varias concellerías, como as de Benestar, Normalización, Medio Ambiente e Mocidade, en conxunto”. M. M.

14 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.