Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Técnicas de Mindfulness para que o persoal amesán focalice a atención

Ames. A concellaría de Benestar e Promoción da Saúde pon en marcha un programa de regulación emocional para persoal municipal polo método Mindfulness. Está impartido polo psicólogo e instrutor da técnica, Juan Carlos Permuy, e comezará a desenvolverse o 25 de xaneiro. Serán 8 sesións dunha hora e corenta e cinco minutos, os martes ás 16.15 horas.

O Mindfulness é unha técnica que ensina a concentrar a atención no presente, e a actividade está dirixida a traballadores do Concello, e hai 8 prazas dispoñibles. Os interesados deben enviar un email (promociondasaude@concellodeames.gal) e, no caso de que as solicitudes superen as prazas ofertadas, realizarase un sorteo o luns 24.

Un dos obxectivos máis importantes do departamento de Benestar e Promoción da Saúde, que dirixe a concelleira Luísa Feijóo, “é o de coidar e promover a saúde mental entre a cidadanía de Ames”, apuntan. Precisamente, o curso pasado, o alumnado da ESO e de Bacharelato do IES de Bertamiráns participou xa nun programa de regulación emocional e está previsto que este curso sexan catrocentos alumnos os que se beneficien destas actividades.

“Consideramos á saúde mental como a cuarta pata das medidas de promoción da saúde no concello”, manifesta a edil, quen engade que “agora é o momento de mirar polos da casa e axudarlles a dotarse de recursos para aprender a vivir mellor, a coñecerse e a enfrontarse ás situacións día a día”. M. Outeiro

20 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.