Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 21 junio 2021
02:00
h

Teo entregará á veciñanza este mes e o vindeiro atraínte para velutinas

Deberán recollerse os sábados na nave de Protección Civil en Lucí de 9.00 a 14.00 horas

Teo. Co arranque do mes de marzo comeza en Teo a campaña de prevención e control da vespa asiática que dende hai varios anos se realiza no municipio. Durante este mes e o vindeiro vaise facer o reparto de doses de líquido atraínte contra a velutina “para que as persoas particulares poidan realizar trampeo nas súas propiedades”, sinalan fontes municipais. As entregas faranse os sábados na nave de Protección Civil en Lucí de 09.00 a 14.00 horas. A entrega é de balde “pero é só para persoas empadroadas en Teo”, puntualizan, polo que “se pedirá o DNI ou algún documento que xustifique a residencia”, apuntan.

“Dende o Servizo de Protección Civil valórase de xeito moi positivo o efecto que ten este reparto para minimizar a presenza dos niños desta especie invasora e perigosa. Co reparto do atraente facilítase que as persoas particulares elaboren as súas propias trampas para os seus xardíns e vivendas”, subliñan dende a Corporación.. As raíñas fundadoras desta especie invasora saen durante estas semanas da fase de hibernación na que estiveron durante o inverno. É por tanto unha tempada crucial para instalar as trampas, posto que por cada exemplar que se capture impedirase a posterior formación de niños primarios e secundarios.

En paralelo, os propios operarios de Protección Civil colocarán trampas nestes meses en zonas públicas para mellorar a campaña de control da velutina. O ciclo biolóxico da especie, que pode variar segundo a climatoloxía do ano, fai que durante marzo e abril as raíñas fundadoras de vespa velutina vaian espertando.

O Concello insiste en que a partir de maio “constrúen os niños primarios” e é por isto que durante o verán “os esforzos se centran xa na destrución dos niños”. Coa chegada do outono, apuntan, ten que facerse un “novo trampeo, na fase de reprodución, previa á morte das raíñas nais, as obreiras e os machos”. C.E.

05 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.