Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Terra de Homes, a ilusión dos nenos de países desfavorecidos para se curar

Ames. Da man da Fundación Terra de Homes, chega á casa de cultura de Bertamiráns a exposición Viaxe cara a vida que recolle información sobre un proxecto a través do cal nenos de diferentes países que sofren patoloxías graves veñen a España para curarse. A exposición estará aberta até o 5 se xaneiro do ano que vén.

Ademais, este mércores, 22 de decembro, tamén no mesmo espazo, terá lugar ás 20.30 horas unha charla coloquio para dar a coñecer as actividades desta fundación solidaria. Nesta posta en común participarán familias de Ames que pertencen á devandita organización. Na charla aplicaranse todas as medidas de seguridade que esixe a loita contra a pandemia.

A concellaría de Benestar e Voluntariado pretende así divulgar toda a actividade altruísta que realiza a Fundación Terra de Homes. “Queremos dar a coñecer a súa labor, especialmente este programa que persoalmente me parece un proxecto de voluntariado marabilloso no que se lle da a un neno ou nena cunha patoloxía grave, sin cura no seu país de orixe, a posibilidade de operarse e ter unha expectativa de vida que doutro xeito non sería posible”, manifesta a concelleira de Benestar e Voluntariado, a socialista Luísa Feijóo.

A mesma fonte resalta a importancia que ten “unha rede que se xera dentro da nosa comunidade, unha fundación con identidade propia e sen ánimo de lucro”, ente que creou Edmund Kaiser en 1960 e chega a España con Julia Cárdenas en 1994. M.M.

22 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.