Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tesourería da capital maiá aborda axudas ás familias numerosas

Agardan que nun par de semanas poidan ir xa a xunta de goberno, con prazo ata xaneiro

Ames. O Concello de Ames segue a tramitar as axudas para familias numerosas, cuxo prazo de presentación remataba o pasado 15 de xullo, e sempre cun máximo de seis meses para resolvelas (ata xaneiro de 2021). En concreto, agora mesmo é o departamento de Tesourería o que está finalizando a comprobación de débedas municipais, “e en canto rematen e nolo pasen, irán a xunta de goberno local” nun par de semanas, según estimaba a concelleira de Benestar, Luísa Feijóo.

Así, e contando con cumprir os prazos legais, desde a capital amesá lembraban as dificultades coas que tiveron que traballar, non só ante a pandemia, senón tamén pola implantación dun programa novo de xestión, que obrigou a meter a man expediente por expediente (existen máis de 150) e comprobar Facenda e Seguridade Social de cada membro da unidade familiar, ao que hai que sumar o incremento do traballo do departamento de Benestar nesta época de necesidade.

A contía total destinada a estas axudas para este ano é de 110.000 euros, sendo de 1.200 euros o máximo do importe individual concedido a cada unidade familiar. Con esta iniciativa, o goberno amesán pretende axudar a aquelas familias que máis dificultades económicas teñan. Optaron a estas subvencións os núcleos parentais que teñen a súa residencia habitual no Concello de Ames, de maneira ininterrompida desde hai polo menos un ano e cuxos fillos formen parte da unidade de convivencia, salvo por razóns académicas. m.m.

25 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.