Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Testemuños, arte, música e documentais en Boqueixón pola Igualdade

A casa da cultura de Camporrapado acolleu a xornada central dos actos polo 25-N

Boqueixón. A casa da cultura de Camporrapado, de Boqueixón, acolleu onte a II Xornada de Sensibilización en Violencia contra a Muller. Unha cita que estivo organizada polo CIM da vila e que contou con testemuños, audiovisuais, música, literatura e arte. Só puideron acudir trinta persoas debido ás restricións do covid-19, pero o resto de interesados na gala seguírona en streaming a través da canle de YouTube do Concello.

A xornada estivo inaugurada polo alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, xunto coa directora do CIM de Boqueixón, Cristina Carbajales. O rexedor incidiu na importancia de desenvolver actividades deste tipo, xa que “para erradicar a violencia contra a muller da nosa sociedade é fundamental educar en Igualdade”. Pola súa parte, Cristina explicou que con esta xornada quixeron abordar a violencia machista dende distintas perspectivas.

A xornada arrancou coa actuación do cuarteto As Efémeras, e acto seguido a Asociación Berenguela pola Igualdade tomou a palabra para contar o seu labor. A continuación, comezou a sección A realidade da Violencia de Xénero, que acolleu o visionado do audiovisual O meu testemuño, a miña loita. Acto seguido, tomou a palabra Joshua Mateo, fillo maior de Sesé Mateo, asasinada en Chapela pola súa exparella en febreiro do ano 2017. Tamén se presentou o documental Vacínate contra a desigualdade e As Efémeras volveron aparecer en escena para clausurar a xornada. A.P.

15 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.