Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Thais Suki porá fin aos concertos do Ameson

ames. A meirande parte da programación de Nadal de Ames quedou suspendida a pasada semana por mor da situación epidemiolóxica do concello, pero o programa Ameson segue o seu curso, con máis medidas para reforzar a seguridade das persoas asistentes. Á entrada dos concertos pedirase o pasaporte covid e o público terá que estar sentado, para poder gozar das catro propostas de Paco Nogueiras, Broken Peach, a Escolanía da Catedral de Santiago e Thais Suki, que terán lugar ao longo desta semana. A primeira actuación da semana foi a de Paco Nogueiras este luns na Praza Manuel Murguía do Milladoiro, que repetiu concerto no Ameson en substitución do grupo amesá As Maianas, baixa polo confinamento dalgunhas das súas integrantes. Este martes 28 será a quenda dos Broken Peach, que levarán á Praza da Maía de Bertamiráns versións de grandes éxitos musicais. O mércores 29, tamén en Bertamiráns, desta vez na Praza do Concello, terá lugar o concerto da Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela, un dos coros con máis historia da capital de Galicia. Finalmente, o Ameson pecharao a cantante amesá Thais Suki o xoves día 30. A vocalista, de nome real Thais Rudiño, será a protagonista da última actuación do ano no concello, na Praza Manuel Murguía do Milladoiro. Todas as actuacións comenzarán ás seis da tarde. m. b.

28 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.