Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tinguirán de verde a casa do concello polas doazóns

A Maía. O Concello de Ames súmase ás conmemoracións polo Día Nacional do Doante de Órganos e Tecidos, que se celebra este mércores, e iluminará a fachada da súa casa consistorial de verde no serán da efeméride. E hai que lembrar que malia a situación de crise epidemiolóxica, en 2021 realizáronse en España 4.781 transplantes de órganos, o que mantén ao sistema nacional como un líder mundial de referencia.

Neste senso, a administración local, a través da concellaría de Benestar Social, colabora un ano máis coa Federación Alcer Galicia, e seguindo a petición desta entidade, decidiuse pola visibilización do consistorio iluminando de verde a fachada da casa do concello, en Bertamiráns, durante o serán do mércores 1 de xuño. Ao fío desta nova, a 31 de decembro do pasado ano 2021, a lista de espera de doentes pendentes dun órgano era de 4.762, un número que apenas variou con respecto ao 2020, cando a cifra andaba por 4.794. M. Outeiro

31 may 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.