Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tinguiuse de azul polo Día do Autismo a casa consistorial de Ames

Ames. No ano 2007, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2 de abril como o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, co obxectivo de pór o acento na necesidade de traballar en prol da mellora da calidade de vida das persoas con autismo como parte integrante da sociedade. Para conmemorar este día, as organizacións Autismo Europa, Autismo España e Autismo Galicia promoven unha serie de actividades para dar visibilidade a este tipo de trastorno.

Así, o Concello de Ames, a través da concellaría de Benestar Social, participa un ano máis na campaña de concienciación #LIUB, mediante a que edificios e monumentos de todo o mundo se iluminan de azul como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con TEA. Deste xeito, a fachada da casa do concello, situada en Bertamiráns, tinguiuse de cor azul, sumándose a dita iniciativa mundial promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue).

No 2020 ilumináronse en España máis de 350 monumentos, en Galicia foron 35 edificios e monumentos. Entre os máis importantes da comunidade estiveron o Concello de Santiago, a Torre de Hércules, o CGAC, As Burgas e a Cidade da Cultura, entre outros. Este ano 2021 a campaña desenvolveuse a través do lema Podo aprender, podo traballar, co que se pretende concienciar sobre como crear as condicións adecuadas para facer que a educación e o emprego sexan máis accesibles para o colectivo.

O movemento asociativo busca a través de dita iniciativa aumentar a conciencia social sobre o TEA para que a cidadanía saiba que todos podemos contribuír á inclusión das persoas con este tipo de trastorno con pequenos xestos, ao tempo que se quere concienciar aos dirixentes políticos sobre a necesidade de promover políticas centradas no respecto aos dereitos das persoas autistas.

Neste senso, tamén se quere manifestar dende o tecido asociativo a importancia de que se aprobe e poña en marcha un plan de acción da estratexia en TEA, tanto a nivel europeo como español, no que se establezan os recursos necesarios e se fixe un calendario coas accións máis urxentes para mellorar a calidade vida deste colectivo e das súas familias. Entre os obxectivos encóntrase o de promover a implantación da Convención da ONU sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade. A.P.

Datos
Movemento asociativo

··· Estímase que arredor de sete millóns de persoas en Europa teñen trastorno do espectro do autismo (TEA) en Europa. En España son máis de 450.000.

··· Cada ano o movemento asociativo do autismo en España promove unha campaña de concienciación, en coordinación con Autismo Europa, para facer visible a realidade deste colectivo, as súas capacidades e as súas necesidades.

··· O movemento asociativo reclama educación e emprego de calidade para as persoas con TEA. A UGT reivindica unha sociedade inclusiva e igualitaria para todas as persoas con este trastorno.

04 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TEA
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.