Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tirarlle fotos ao polígono do Milladoiro vai ter premio de até 500 euros

Pódense remitir as imaxes ata o vindeiro día 22, e hai tamén unha categoría infantil

A Maía. Veñen de convocar a sétima edición do Certame fotográfico Parque Empresarial Novo Milladoiro, un concurso que pretende fomentar a participación da cidadanía na actividade económica de Ames, “mediante a imaxe a reflexión”, segundo manifestan desde a patronal. A participación está aberta a calquera persoa afeccionada á arte da fotografía, e as imaxes deberán ser tiradas no parque empresarial ou nalgunha das súas firmas, e poderán realizarse con calquera tipo de técnica e estilo, primando o enfoque comercial. Remitiranse antes do 22 deste mes por email (certamefotografico@aenovomilladoiro.com).

Está previsto outorgaranse tres premios á categoría absoluta e outros tantos na de infantil. Na categoría absoluta, os premios son os seguintes: un primeiro de 500 euros e trofeo; segundo de 400 euros e trofeo e terceiro de 300 euros e trofeo. Na categoría infantil daranse, aparte de trofeos, vales por valor de 75, 50 e 40 euros, practicándoselles aos galardóns as retencións de impostos que procedan.

Os nomes dos gañadores daranse a coñecer na gala de entrega que se desenvolverá o 16 de decembro na casa de cultura da capital, Bertamiráns. Previamente, as fotos, co seu título e sen o nome do autor, serán expostas na casa de cultura do Milladoiro desde o día 1 até o día 22 de decembro de 2021. O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá a mesma mostra entre o 23 e o 31 de decembro. Será a propia Asociación quen se encargue da impresión con equipos Xerox. m.O.

08 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.