Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tojo critica a desidia da Deputación tras novos sinistros na DP-7402

ROIS. Protección Civil de Rois acudiu na mañá do mércores a facer labores de axuda a dous novos accidentes que se produciron na estrada provincial DP-7402, que comunica O Martelo con Augasantas, unha situación que se repite con frecuencia e que están a acabar coa paciencia do goberno local diante da pasividade da Deputación.

Os accidentes ocorreron na zona de Ermedelo, e víronse implicados dous camións. O primeiro era un camión articulado e perdeu toda a carga de madeira do segundo remolque ao saírse da estrada. No segundo caso, o camión grúa tamén se saíu da estrada. Non houbo que lamentar feridos.

O alcalde de Rois volve preguntarse cando ten pensado a Deputación da Coruña “cumprir o compromiso adquirido en 2019 para ampliar esta estrada e para o que anunciaba un investimento de 1,2 millóns”. Ramón Tojo traslada “outra vez máis” o malestar veciñal pola situación da estrada, que ten moito tráfico “e non conta con ancho suficiente, como demostran os constantes accidentes que se producen”. O alcalde non entende “o deixamento dos responsables da Deputación para acometer estes arranxos tan necesarios e denuncia a lentitude na tramitación das obras”. arca.

10 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.