Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tojo recibe á delegación húngara que visita Rois

rois. O alcalde de Rois, Ramón Tojo, deulle este venres a benvida á delegación do municipio húngaro de Pasztó que estes días coñecerá a realidade socioeconómica roisense. Durante a recepción oficial no salón de plenos, Tojo amosouse orgulloso do irmandamento que asinaron os dous alcaldes no 2017 e que permitiu que membros da Escola Municipal de Música e do OCT Chorima visitaran o municipio húngaro en 2019. O alcalde de Pasztó, Attila Farkas, lembrou na súa intervención a primeira visita que Tojo fixera a Hungría e agradeceu a oportunidade “de volver pasar un tempo xuntos en Galicia”. Para Farkas, que non dubidou en colocarse o pin co escudo de Rois que lle regalou o alcalde, esta é a súa terceira visita a Galicia. Recentemente chegados de Hungría, e tras a recepción na casa consistorial, a comitiva trasladouse ata Sorribas para coñecer a sede e o traballo que desenvolve Amipa, a Asociación de nais e pais de persoas con discapacidade da comarca do Sar. A comitiva húngara levou unha sorpresa ao atoparse coa súa compatriota Alina Szabo, que reside en Boiro e estivo traballando en Amipa ata o pasado 31 de outubro. Despois de tomar un café, Inés Varela, Jorge Soto e Sonia García, tres das persoas con discapacidade que acoden ao centro, e a xerente Begoña Suárez, encargáronse de explicarlles todo o que fan. arca

06 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.