Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Trataría de arranxar as baldosas das beirarrúas”

Mª Carmen García, limpadora

    Cargando reproductor ...

Residente en Bertamiráns, casada e con tres fillos, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

Arranxaría o chan porque se levanta por todos os lados. Habería que rebachear todo, e facelo ben, non ir aos poucos como están a facer. Non se poden pegar as baldosas que están levantandas e nada máis porque aos poucos días xa se volven mover. Tamén lles daría máis axudas ao comercio local, polo menos unha cantidade suficiente para que poidan sufragar os gastos. Hai algúns negocios que se abriron nesta época e non lles compensou porque tiveron que acabar pechando. Outro problema no que centrarse sería o tráfico; é unha zona tranquila pero acumúlanse moitos coches.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Que tes de todo sen necesidade de moverte a outros concellos. Eu levo vivindo aquí 20 anos e sempre merquei todo en Bertamiráns. Ademais pouco a pouco van abrindo comercios de todo tipo. Tampouco faltan outros servizos básicos como as farmacias, que hai moitas. Tamén valoro que haxa suficientes parques por toda a zona.

E o que peor leva?

Quizais o descoido das beirarrúas, que teñen moitas baldosas levantadas. Polo demais non me queixo, aquí temos de todo para o día a día.

15 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.