Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Trataría de facer un ximnasio público”

Felipe Rodríguez

    Cargando reproductor ...

Residente en O Milladoiro, casado e cun fillo, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

O primeiro sería reparar as beirarrúas, que as vexo deterioradas nalgúns puntos. Con todo, tamén hai moitas marcadas, polo que supoño que será con previsión de arranxalas dentro de pouco. O segundo, faría máis zonas verdes, porque temos moi pouquiñas. E terceiro, estaría ben un ximnasio público. No centro comercial hai un, pero é de pago. Á parte disto tamén trataría de darlle un pulo ao comercio. Chama a atención, quizais sexa cuestión da propia idiosincrasia da xente, que a Avenida Rosalía de Castro ten moito local pechado, ou que logo volve abrir albergando outro negocio. Non sei si é problema de tráfico, que hai pouco espazo para deixar o coche, ou que ten alugueiros moi fortes. Pero habería que miralo.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O mellor é a tranquilidade. Non me gustan as grandes cidades. Eu nacín na Coruña e hai vinte anos que viñen a vivir aquí e non o cambio. Botas ás veces de menos a praia e o mar, pero a tranquilidade é moita. Mesmo Santiago xa ten máis tránsito.

E o que peor leva?

Pois o certo é que estou moi contento no Milladoiro. Non podo dicir que haxa algo concreto que leve mal.

06 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.