Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Trenor animou a viaxar ao medievo de Negreira

Negreira. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou este sábado no acto de inauguración da XV Feira do Románico que se prolonga ata este domingo e que se inspira no regreso ao medievo e a unha época moi concreta e de fecundos froitos na memoria de val da Barcala: o románico. Trenor animou aos veciños e visitantes a aproveitar este evento para que sirva como un empurrón económico e como atractivo turístico que beneficie a todos os sectores, especialmente ao comercial, ao artesá e ao gastronómico. Negreira daba o vernes renda solta a tres días de festa, artesanía e recreación, e facíao ca apertura do mercado, cetrería e unha gran queimada popular, acompañada por danzas medievais e ambientación. O sábado ás once foi a apertura de postos e houbo desfile de seres fantásticos e inauguración. O público desfrutou tamén das acrobacias de Malatich e dunha voda medieval, así como dun combate entre cabaleiros. A actuación de Suaren Bataila e a tradicional tirada pirotécnica pecharon a xornada. E este domingo haberá recreación, nas rúas do Carme e Carreira, e espectáculo de cetrería (ás 11.30 e ás 20.00 horas). Haberá dous pases do Gran Torneo Medieval a cabalo, previsto na explanada ubicada xunto ao instituto ás 13.00 e ás 20.30 horas. O teatro de Os Monifates e o espectáculo Sub-Umbra pecharán o Románico. arca

04 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.