Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Trescentas persoas se sumaron á carreira pola igualdade na Madalena

O PINO. Máis de 300 persoas achegáronse ata a área recreativa da Madalena para participar na segunda carreira e na terceira andaina 5 km pola igualdade, coas que o Concello de O Pino conmemorou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Na lectura do manifesto, a concelleira Mercedes Vázquez volveu manifestar “a repulsa ante todo tipo de violencia machista”. Carreira e andaina desenvolvéronse sen incidencias, aínda que as persoas participantes tiveron que soportar unha forte choiva durante o percorrido. Na proba competitiva, Patricie Viadel, Paula Carballo e Marta Fernández foron as gañadoras na categoría feminina, cuns tempos inferiores aos 25 minutos. Na categoría masculina os vencedores foron Víctor Ramos, Yago Iglesias e Ismael. García. As clasificacións da carreira pódense comprobar na web Carreiras Galegas (neste enlace). Tras cruzar a liña de meta, e mentres repoñían forzas con froita e auga, as persoas participantes recibían como agasallo un gorro. A entrega de premios estivo presidida polo alcalde de O Pino, Manuel Taboada Vigo, e a concelleira Mercedes Vázquez, despois de rematar a andaina. Tamén participaron outros membros da Corporación municipal. arca

30 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.