Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Trinta días para optar ás subvencións locais dirixidas a manter o emprego

Ames. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o venres 21 as bases reguladoras e a convocatoria das últimas subvencións do plan Ames Progresa, dirixidas ao mantemento do emprego e do tecido empresarial local.

E nesta ocasión, poderán solicitar estas axudas as empresas e profesionais autónomos que pecharan parcialmente entre os meses de xaneiro e outubro de 2021, por mor da situación epidemiolóxica e das restricións vixentes no momento do peche. O prazo de presentación de solicitudes é de trinta días naturais a contar dende este sábado 22 de xaneiro. O Concello investirá 120.000 euros nestas subvencións, que serán dun máximo de 1.500 euros.

As persoas e entidades que cumpran cos requisitos establecidos nas bases poderán solicitar a axuda, que servirá para financiar os gastos de mantemento das súas respectivas actividades económicas, entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2021. As subvencións poderán incluír os pagamentos e facturas de alugueiro, luz, telefonía, combustible ou gas, ata un máximo de 1.500 euros.

A publicación da convocatoria no BOP chega despois de que a xunta de goberno local aprobara as bases destas axudas o pasado xoves 30 de decembro de 2021, que suporán un investimento de 120.000 euros do plan Ames Progresa, aprobado no pasado pleno ordinario de xullo para o período 2021-2023, cun orzamento de 5.756.681 €. O prazo de presentación é de 30 días naturais. M.M.

22 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.