Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Trouleando propón unha saída a Vedra para este mes de outubro

Xogarase ao laser tag e realizarase un pequeno tramo en kaiak polo río Ulla o sábado día 22

Ames. Tras un breve descanso no verán, a concellería de Mocidade de Ames propón para este mes unha nova actividade do programa Trouleando, desta vez cunha saída a Vedra, onde se xogará a laser tag e se realizará un pequeno tramo en kaiak polo río Ulla. Será na mañá do sábado 22 de outubro, con servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro.

As persoas interesadas poden anotarse enviando a ficha de inscrición cumprimentada ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal entre os días 12 e 14.

As prazas asignaranse por orde de chegada e están abertas á mocidade a partir dos 12 anos (nados en 2009). Mentres que o kaiak é unha actividade máis coñecida, que consiste no desprazamento pola auga nunha variedade de piragua do mesmo nome, o laser tag é un xogo deportivo menos popular, no que varios equipos se enfrontan para conseguir puntos, apuntando aos adversarios cuns disparadores con luz infravermella.

Neste senso, a dinámica é similar ao paintball, pero sen ser necesaria protección contra golpes, xa que os puntos quedan rexistrados de xeito electrónico ao seren alcanzadas as persoas participantes coa luz do equipo contrario.

Ao tratarse dunha actividade deportiva en exteriores, “débese levar roupa cómoda e abrigada, como calzado pechado e roupa deportiva técnica, ademais de traxe de baño, toalla e unha muda completa de roupa e calzado, por se fora necesaria ao pasar parte da mañá preto da auga”, apunta o Concello. C.E.

09 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.