Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Último día para facer a ruta Rosalía nos Camiños

Padrón. O sábado, día 21, inaugurase a ruta Rosalía nos camiños, unha senda circular de 15 quilómetros que percorre os municipios de Padrón, Dodro e Rois pasando por algúns dos lugares máis significativos na vida e na obra da escritora. Este xoves 19 remata o prazo para inscribirse na andaina, que comezará ás 16.30 horas no paseo do Espolón de Padrón, xunto á estatua que rende homenaxe á poeta. Neste intres hai xa máis de 100 anotados.

Inspirada na obra En las orillas del Sar, con esta ruta circular pódese evocar a Rosalía de Castro e a andaina inaugural ten un fin solidario. Os 3 euros que costa a inscrición na proba (ata 13 anos é gratis) serán doados a Asociación Amipa, para colaborar coa integración das persoas con discapacidade intelectual da comarca do Sar.

A inscrición para a primeira andaina pola ruta Rosalía nos camiños pódese facer na web de Emesports ata ás 23.59 horas deste xoves. A senda é practicamente plana, o único punto elevado é o monte Santiaguiño e logo transcorre na súa maior parte polas beiras dos ríos Sar e Rois. Dende a organización estiman que os primeiros participantes en completala necesitarán unhas tres horas para percorrela. arca

19 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.