Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Últimos días para anotarse ó programa de emprego con traballo para o 40 %

A Maía. Os interesados teñen ata o 19 de xaneiro para inscribirse no Programa Integrado de Emprego dos concellos de Ames e Brión 2021-22, aberto este ano a cen alumnos –sesenta mulleres desempregadas deses concellos e corenta persoas menores de 30 anos en paro e cunha cualificación máxima de Bacharelato–, que se formarán nos ámbitos de comercio, almacén, ocio infantil e tempo libre, limpeza e arranxo de habitacións en hoteis, turismo e novas tecnoloxías.

O novo programa desenvolverase ata novembro grazas á subvención da Consellería de Emprego e Igualdade de 243.316 euros e a confinanciación dos dous municipios da Maía. O obxectivo do programa é que, como mínimo, o corenta por cento das persoas participantes atopen un traballo, porcentaxe superada nas últimas edicións.

Terán titorías individualizadas nas que se lles ofrecerá información e orientación para a intermediación laboral. A través de formación transversal obterán coñecementos en novas tecnoloxías e inglés. Tamén adquirirán coñecementos en ferramentas de busca de emprego, técnicas de coaching e intelixencia emocional. Os interesados deben estar inscritos como demandantes de emprego e, se son admitidos, terán dereito a unha bolsa de 7 € ó día pola asistencia. Tamén se porán a disposición dos participantes axudas para conciliación. Información en inseramesbrion@gmail.com ou chamando ó 608 459 678 ou tamén ó 663 771 876. M. Outeiro

13 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.