Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un ano atípico para Santa Minia, a festa máis emblemática do concello de Brión

Soamente se mantén a programación de misas e unha tirada de fogos de artificio que se contemplará dende as casas // O veciño José Caramés Vázquez vivirá este día con tristeza e pensando en que para o ano todo volva a ser coma antes

As reliquias de Santa Minia atraen cada ano a miles de devotos de toda Galicia, xa que esta santa de procedencia romana a que se rinde culto dende fai 172 anos goza de gran devoción,polo que é habitual que moitas persoas repitan cada ano a súa visita a Brión.

Mañá, como cada 27 de setembro, é o Día de Santa Minia. Un ano normal conta cunha asistencia duns 50.0000 romeiros e romeiras, cifra que podería superarse este ano ao cadrar en domingo. Pena que polo covid-19 non será posible.

O que se mantén é a programación relixiosa con misas distribuídas ao longo do día para cumplir o protocolo anticovid, pero toda a parte lúdica e de romería está suspendida. Non haberá actuacións, verbenas, pulperías, nin postos de venda de candeas, entre outros. A maiores haberá unha tirada de fogos de artificio dende tres lugares distintos do municipio, pero sin concentración de xente, coa idea de que se poidan ver dende as casas.

Os veciños e veciñas do lugar esperan con ansia e ilusión a chegada deste día, pero este domingo nada será igual.

UNHA TRADICIÓN QUE PASA DE XERACIÓN EN XERACIÓN. “Con dez anos eu xa andaba pola romaría. Un dos meus tíos era o que organizaba todo. Despois tocoume a min dar o relevo ata que nos anos 80 o Concello pasou a encargarse da organización”, conta José Caramés Vázquez, veciño de Pedrouzos, lugar da celebración. Para él estamos ante unha romaría que foi mellorando co paso das décadas. Aparcamentos gratuitos para todos os visitantes, as mellores orquestras e bandas do panorama musical, a introdución nos útimos anos de gupos de teatro... “Agora pouco máis se pode agrandar”, di.

José Caramés vive ao ladiño da igrexa e da contorna na que se reúnen cada ano miles de devotos. Fai dous anos, a súa muller e máis el xubiláronse e pechou a ferretería que tiñan no mesmo lugar. Durante moito tempo chegaba o Día de Santa Minia e Caramés abría a súa tenda. Os últimos quince anos pechou co propósito de disfrutar da festa. “Estes días non compensaba tela aberta porque a xente anda dun lado para outro e máis que nada viñan curiosear e preguntar. Pensei que nun día non se fai o que se fai nun ano”, manifesta. O que máis lle gusta de Santa Minia é o barullo que se forma no lugar, “un gran ambiente de romaría”.

POSTOS DE VENDA. O número de postos de venda foron aumentando nos últimos anos ante as grandes concentracións de xente que se forman. “Antes había tres señoriñas con cestas de galletas e agora o que hai xa parecen tendas do Corte Inglés”, di entre risas. Moitos relevan aos seus antecesores. “Algúns dos feirantes son fillos e netos dos que viñan cando eu era rapaz”, destaca. Tamén seguen vindo veteranos cos que Caramés ten relación dende que era pequeno.

Este domingo 27 de setembro o ambiente será moi diferente para os veciños e veciñas de Brión e todos os que decidan acercarse igualmente ao lugar. “Viviremos a festa tristóns e estaremos decaídos pero esperamos que isto pase e que o Día de Santa Minia volva a ser o que foi. “Penso que este ano será algo familiar”, afirma.

26 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.