Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un filme trata a penalización do aborto en El Salvador

A Maía. O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle a proxección de En Deuda con Todas, un documental estreado no ano 2019 pola organización sen ánimo de lucro galega Agareso, que trata en detalle as repercusións da penalización do aborto en El Salvador. Inclúe unha exposición inicial da actualidade do país centroamericano, o visionado do filme e un debate posterior, este venres 3 de decembro ás 20.00 horas.

A actividade, promovida pola concellaría de Benestar Social e Igualdade, chega despois da recepción institucional á activista salvadoreña Morena Herrera no mes de outubro, no que pediu ao Concello de Ames que informara á sociedade de situacións como a do seu país, no que o aborto é fortemente penado. En Deuda con Todas. Una historia sobre la penalización del aborto en El Salvador, é un documental estreado a finais de 2019, e trata en detalle as reivindicacións das mulleres e dos colectivos feministas no país salvadoreño contra a penalización do aborto, ademais de recoller testemuñas de protagonistas que pasaron polo cárcere ou que cumpren penas por este motivo. O obxectivo: chamar a atención sobre a vulneración dos Dereitos Humanos das salvadoreñas. M. Outeiro

01 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.