Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un obradoiro sensorial animará ós bebés a que exploren obxectos o 25

A Maía. Continúan as actividades do programa Apego de Ames co obradoiro sensorial O cesto dos tesouros, unha proposta de xogo enfocada a bebés de entre seis e dezaoito meses para que exploren obxectos da vida cotiá que chegarán ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o vindeiro venres día 25 de febreiro e con dúas sesións: a primeira chegará ás 17.00 horas e a segunda, ás 18.30.

O taller, impartido por Eva Blanco, busca estimular os seus cinco sentidos e facelos avanzar na propia autonomía. A inscrición, de balde, poderá realizarse dende hoxe ata o 24 de febreiro, enviando un correo (á dirección electrónica normalizacion@concellodeames.gal) no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto, idade dos cativos e tamén da sesión escollida.

A idea desta actividade é que os pequenos accedan a un tesouro cheo de diferentes obxectos para que poidan interactuar con diferentes texturas, formas e tamaños. M.O.

18 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.