Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Recibiu 20.000 euros en axudas da Xunta para fomentar o uso dese material // Mellora a eficiencia enerxética e a estética // Beneficiáronse case douscentos proxectos TEXTO Marcos Manteiga

Unha gasolineira vestida de madeira na Ramallosa

A Xunta de Galicia puxo en marcha o pasado ano unha convocatoria de axudas pioneira en Galicia para fomentar a bioeconomía, empregando a madeira como elemento de orixe natural, reciclabe e reutilizable. Fíxose no marco da Axenda da Industria forestal 2019-2021, e unha das obras sobranceiras que aproveitaron as subvencións, por 20.000 euros, foi a nova gasolineira Galuresa sita na capital de Teo, A Ramallosa. Alí, este elemento da natureza servirá para aumentar a eficiencia enerxética, dando tamén unha imaxe respectuosa co medio ambiente e cun evidente plus estético.

Así, neste centro de servizos, con supermercado e cafetería que deseñou MRM Arquitectos, contouse coa Carpintería Milsa e José Neira para colocar este material que provén das árbores tanto no exterior como no seu exterior. E entre as vantaxes, confirman que dentro do establecemento acadouse “un alto confort acústico e visual, trasladando unha imaxe cálida, doméstica e singular aos usuarios con materiais nobres de deseño sinxelo e coidado”.

Do mesmo xeito, a incorporación da madeira a nivel estrutural e de acabados permitiu obter unha eficiencia enerxética máxima do edificio, confirmando os seus autores que contan coa “etiqueta A e edificio cero emisións e consumo negativo”. Tamén melloráronse as puntuacións de todos os items que na certificación BREEAM (Estándar en construción sustentable) se avalían en relación ao ciclo de vida, residuos, utilización de madeiras certificadas, eficiencia enerxética, comportamento acústico, entre outros.

E tamén suliñan que en fase de deseño, o inmoble acadou a clasificación de “moi bo cunha puntuación superior á esixida”, sempre segundo trasladaban os citados.

Dende o Goberno galego apoiaron un total de 175 proxectos para o desenvolvemento de obras, produtos e proxectos realizados con este material, investindo 1,64 millóns de euros. Entre outras iniciativas, favorécese o uso da madeira local en máis de cen edificacións e, en concreto, utilízase como elemento estrutural en 89 vivendas e 19 locais comerciais, o que permitirá mobilizar 13 millóns durante a súa execución. Deste xeito, benefíciase non só aos promotores e empresas que impulsan os proxectos, senón tamén aos profesionais –arquitectos, enxeñeiros e deseñadores ou empresas de carpintería– que os desenvolven.

CATRO LIÑAS. Este programa conta con catro liñas de axudas. Por unha parte, para a redacción de proxectos de execución de construción nova, rehabilitación de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais. Esta liña atendeu 19 solicitudes. Por outra parte, concedéronse 17 apoios a proxectos para o desenvolvemento e fabricación de envases, embalaxes ou expositores realizados con madeira. Unha terceira liña apoia a redacción de 89 proxectos de execución de novas vivendas unifamiliares ou rehabilitación e reconstrución. Por último, favorécese a realización de 50 obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais ou de negocio con produtos en madeira.

08 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.