Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 07 diciembre 2022
02:20
h

‘Vaia Troula’ gravará este sábado a Costa Dorada

A Maía. O parque do Ameneiral de Bertamiráns acolle este sábado a gravación da actuación da orquestra Costa Dorada para o programa Vaia Troula da TVG. Así o trasladan dende o Concello de Ames, tras recibir confirmación da produtora Setemedia, anunciando que ten previsto levar a bo porto este traballo musical, en horario de tarde, na céntrica zona verde da capital, e na que se vai incluír a gala da citada formación lírica galega.

Dita gravación farase con dúas cámaras, entre as 16.30 e 21.30 horas. Con este programa, os espectadores da Televisión de Galicia teñen a oportunidade de coñecer as celebracións e festas que se espallan por todo o territorio galego. En cada entrega de Vaia Troula inclúense actuacións protagonizadas por distintas orquestras galegas e, neste caso, a produtora Setemedia escolleu o parque do Ameneiral, situado en Bertamiráns, un espazo que tamén empregouse por exemplo na final do certame Canta con Ames. M. Outeiro

27 may 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.