Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Val do Dubra pide mellores accesos a Compostela

Val de Dubra. A Corporación de Val do Dubra aprobou no último pleno, por unanimidade una moción defendida polo grupo de Anova na que se demanda mellores e máis seguros accesos a Compostela. O voceiro de Anova, Antonio Negreira, explicou que a estrada provincial DP-0701 que conecta Val do Dubra co veciño municipio de Santiago, sendo ademáis o eixo que articula as comarcas de Bergantiños e a Costa da Morte con Santiago e boa parte do interior da provincia, coa posta en funcionamento da variante de Aradas “converteuse tamén na conexión máis accesible de toda esta área xeográfica co Polígono do Tambre”

“Pasados xa máis de tres anos, o impacto da variante de Aradas no aumento do tránsito rodado e os novos fluxos que afectan directamente á DP-0701 son evidentes, especialmente no que se refire a vehículos pesados”, argumentó Negreira, para engadir que “é por iso que compre impulsar a colaboración entre o Concello de Val do Dubra e a Deputación da Coruña co fin de realizar un estudo con medicións dos impactos antes mencionados para poder valorar a execución de melloras que repercutan na seguridade vial das persoas e vehículos usuarios desta estrada”. maría rendueles

08 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.