Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vedra acolleu a presentación dos resultados do Erasmus +

Vedra. Este xoves, 24 de marzo, o Centro de Empredemento A Estación de Vedra acolleu o evento de presentación de resultados do proxecto Erasmus + Entrando na economía GIG, no que figuran como socios españois o Concello de Vedra e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca).

O evento comezou coas intervencións de Carlos Martínez Carrillo, alcalde de Vedra, e Higinio Mougán Bouzón, director xerente de Agaca e rematou cunha dinámica grupal na que participaron diversos profesionais expertos no mundo do emprego autónomo, todos eles de entidades con grande experiencia neste campo, procedentes, entre outras, da UDC, APE Galicia, ou Federación EFA.

As conclusións extraídas desta mesa de traballo servirán para elaborar unha estratexia rexional e plans de acción que axuden a entender mellor o mundo da GIG e a buscar fórmulas e ferramentas que resulten útiles para todas aquelas persoas que teñan a iniciativa de traballar por conta propia.

Lembrar que Vedra e a Agaca foron os socios españois do proxecto Entering the Gig Economy, financiado no marco Erasmus+ e liderado polo Consello do Condado de Meath (Irlanda). arca

26 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.