Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vedra e Agaca organizan un curso sobre a economía GIG

Vedra. O concello de Vedra e Agaca (Cooperativas Agroalimentarias) organizan un curso online sobre a Economía GIG. Nas sesións formaranse un total de vinte participantes procedentes dos Países Baixos; cinco de Irlanda do Norte, cinco de España e outros cinco de Italia. “Ao ser Vedra un dos impulsores do proxecto os empadroados no municipio terán prioridade”, informan fontes municipais.

O curso está destinado a persoas que se inician no mercado laboral, ou que están a marxe del, de todos os niveis e sectores da educación. Desenvolverase os días 18, 19 e 21 de maio en liña ou a través da plataforma Teams. O martes 18 e o mércores 19 a cita será de dúas a tres da tarde, e o venres 21, de dez a once e media da mañá. As sesións serán impartidas en inglés.

O programa contempla temas como a introdución á ecomomía GIG ou ao concepto de traballador@s GIG, posicionamento do mercado, identidade de marca e marketing; e implicacións económicas e legais. Todos os materiais que se utilizarán durante esa semana de formación serán publicados en www.enteringthegigeconomy.eu. As inscricións poden facerse ata mañá, 5 de maio, ás 23.30 horas. A.P.

04 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.