Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vedra énchese de teatro para todos os gustos este novembro

Vedra. O centro sociocultural do municipio de Vedra acolle ao longo deste mes de novembro o Circuito Galego de Teatro Amador 2022 que organiza a Federación Galega de Teatro Afeccionado. Esta fin de semana tiveron lugar tres das cinco funcións que compoñen dito ciclo, pero aínda quedan dúas.

O vindeiro 12 de novembro, ás 20.00 horas, Gargallada Teatro trae ao municipio o espectáculo Un desastre de función. Trátase dunha ambiciosa obra de crime e misterio, baseada nun clásico da novela negra británica Asesinato en Haversham Manor.

Xa o 13, ás 19.00 horas, Fauna 113 Teatro achegará ata a vila vedresa a función Os veciños do lado. Neste caso é unha comedia que conta a historia de María e Pedro, unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio. O que en principio parece unha cea de cortesía entre descoñecidos acabará sendo un encontro disparatado de dobres intencións e cheo de segredos inconfesables.

O pasado día 5 mostrouse ao público, no marco do ciclo teatral, a obra Fráxiles, e o día 6 representáronse Desastre selvático e D’ Función. Actuacións teatrais para todos os gustos durante as fins de semana de novembro. c.e.

08 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.