Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vedra estrea a visita virtual por Santa Cruz a finais deste mes

O Concello de Vedra segue a traballar no proxecto V12: De parroquia en parroquia, con ánimo de mostrar ao mundo o seu patrimonio e a historia da vila, iso si, de momento de forma virtual por mor da pandemia. Esta iniciativa, que conta coa técnico de turismo Charo Canicova como cara visible e máxima organizadora, arrancou o pasado mes de novembro con seis breves vídeos a través dos que se fixo un itinerario pola Ponte Ulla.

En decembro, Charo Canicova, móbil en man, percorreu a parroquia vedresa e centrouse en como era a vida cotiá na Galicia de finais do século XIX e principios do XX e nos motivos que levaron a miles de veciños a emigrar, e de como intentaron adaptarse a Bos Aires. De feito, conseguiron testemuños de galegos asentados na Arxentina.

A próxima visita guiada leva por título De camelias e música: Santa Cruz de Ribadulla, e sairá á luz o vindeiro día 22 deste mes. Segundo indicou a técnico de turismo, “seguramente sexan seis pequenos vídeos” e vanse abordar a camelia, a flor de Vedra por descontado, o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla ( que foi nomeado en maio de 2020 pola International Camellia Society como Xardín de Excelencia Internacional) e tamén será protagonista a Banda de Música de Santa Cruz.

Por certo que o alumnado do CPI Plurilingüe de Vedra tivo a oportunidade de entrevistar a Charo. Preguntáronlle pola orixe do proxecto, sobre o tempo que inviste en preparar o contido teórico ou por como fai a montaxe. Ademais “interesáronse por participar e é probable que aparezan nalgún vídeo”, adianta a técnico. O proxecto desenvolverase ata outubro.

12 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.