Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vedra festexa o viño da Ulla con actividades en liña ou sen público

Vedra. Este ano a Festa do Viño da Ulla vese obrigada por cuestións de seguridade a restrinxir as catas ao público e a facer propostas telemáticas. Durante todo este mes, da man do programa V12 De Parroquia en Parroquia, que ten a técnica de turismo Charo Canicoba como principal artífice, poderase descubrir a través de pezas audiovisuais a historia da parroquia San Miguel de Sarandón, a pesca, e por suposto, a celebración do viño terá un lugar destacado. Non faltarán as charlas; a primeira desenvolverase o vindeiro venres, día 9, baixo o título de O posicionamento da Ribeira do Ulla na D.O. Rías Baixas. Desenvolverase de forma online e contará coa intervención de Ramón Huidobro Vega, secretario xeral da D.O. Rías Baixas.

O sábado, día 10, está prevista unha cata-concurso dos viños de Rías Baixas Alvariño da subzona Ribeira do Ulla no pazo Vista Alegre. Con todo, estará pechada ao público. O mesmo día a TVG fará unha reportaxe da cita. A.P.

02 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.