Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vedra forma parte dun proxecto verde a nivel europeo

O Concello participou nun encontro en Italia no que se abordaron prácticas sustentables

Vedra. No marco do proxecto europeo SMP-COSME e LabaHause.rur, o Concello de Vedra participou en Capannori (Italia) no encontro internacional de socios. Foi unha reunión na que se compartiron boas prácticas no ámbito da economía verde.

Este proxecto que lidera AGACA e no que Vedra participa como socio xunto con entidades de Irlanda, Italia e Croacia, ten como finalidade promover un rural máis resiliente e sustentable dende a perspectiva económica e social, tomando como referente o punto de vista da New European Bauhaus.

Con este obxectivo os socios compartiron boas prácticas nos ámbitos da economía verde, azul e no da economía social. “Entre as experiencias presentadas por Vedra estivo o proxecto @agualocal_spain, aos que temos que agradecer a súa implicación neste encontro adicado á economía verde”, indican fontes municipais.

Por certo que dende o Concello vedrés lembran que o alcalde, Carlos Martínez, continúa coas reunións polas distintas parroquias coa finalidade de tratar temas de interese para a veciñanza. A próxima cita será este xoves, ás 20.30 horas no local social de Illobre. A vindeira semana as xuntanzas continuarán o martes 29 no multiúsos de Trobe á mesma hora. C.E.

24 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.