Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vedra incentiva as compras locais a través da plataforma de venda online

Fan unha chamada á veciñanza para que visiten haivedra.gal neste Día do Pai

Vedra. Os pequenos negocios están a ser, xunto á hostalaría, uns dos máis afectados pola crise sanitaria. É por iso que son moitos os concellos que están a adicar boa parte dos seus esforzos en iniciativas que poidan axudarlles a sobrelevar a situación. Un exemplo deste compromiso co sector é o Concello de Vedra que, entre outras, ten en marcha dende o pasado febreiro unha plataforma de venda online: haivedra.gal. Trátase dun espazo de balde no que todos os negocios da vila poden pór á venda os seus produtos. Unha maneira de favorecer tanto ás empresas como aos propios consumidores, que poderán mercar dende a comodidade dos seus fogares.

Dende o goberno local animan á veciñanza a facer as súas compras a través desta plataforma aproveitando que hoxe é o Día do Pai. Recordan asemade a todos os negocios da vila que a posibilidade de adherirse á plataforma está sempre aberta. “Non hai máis que chamar ao Concello (981 814612) ou escribir a través da propia páxina de venda online no apartado de contacto”, indican fontes municipais.

Polo momento, segundo explican dende o goberno, aínda non forman parte da páxina aqueles establecementos que ofrecen servizos, pero a pretensión é que proximamente tamén se poida acceder a eles . Por certo que boa parte dos envíos abranguen a toda España; aínda que algúns como os produtos ecolóxicos teñen alcance local ou autonómico. A.PRADA

19 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.