Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vedra mostra a través de fotografías o valor da auga para o noso planeta

VEDRA. A mostra Auga. O sangue da terra chega a Vedra a través de Afundación Obra Social Abanca. Trátase dunha colección de fotografías que leva a quen a ve por numerosos puntos do planeta na busca do ben máis prezado: a agua. Manuel Valcárcel é o autor deste proxecto co que pretende pór en valor un factor fundamental para o funcionamento do globo. A exposición está aberta ao público dende hoxe e ata o vindeiro día 28 deste mes na Casa das Artes de San Fins de Sales. Hoxe terá lugar o acto inaugural, ás 20.00 horas, e contará coa asistencia da concelleira de Cultura e Xuventude do Concello de Vedra, Diana Varela; a coordinadora da Afundación Zona Santiago, Ana Salgado; o director de Zona Abanca, Alberto Varela; e o alcalde vedrés, Carlos Martínez. O aforo é limitado (981 814 691 ou cultura @concellodevedra.com). a.p.

06 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.