Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vedra pon en valor o cinema galego ao aire libre este verán

Vedra. Este verán os vedreses e vedresas non van ter tempo de aburrirse. E é que o municipio acollerá múltiples actividades dirixidas a todo tipo de público. A piscina municipal xa está dispoñible dende este luns e o vindeiro mes arrancan con forza máis iniciativas. Entre elas, a Asociación Senunpeso pon en marcha unha nova edición de Cine de Verán, iniciativa a través da cal se emitirán tres filmes en galego que se desfrutarán ao aire libre.

O primeiro será Malencolía e poderase ver o venres, 1 de xullo, no campo da festa de San Miguel de Sarandón. A película, enmarcada no xénero de terror, conta a historia de Sira e Pepe. Tras dez anos vivindo en Berlín deciden dar un novo rumbo as súas vidas regresando a Galicia. Así, mercan unha casa nunha aldea na que para a súa sorpresa vive unha señora coa que manterán unha estraña relación. Cuñados é a próxima cita co audiovisual galego e está marcada para o 8 de xullo ás 22.30 na casa da fábrica de Trobe. O terceiro e último pase deste evento cinéfilo será o 15 do mesmo mes ás 22.30 no campo da festa de Vedra. Desta vez Trote é a peza escollida.

O evento é gratuíto e colaboran o Concello vedrés, a Deputación da Coruña e A.C. Papaventos. A. PRADA

29 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.