Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vedra puxo fin ás propostas do Día da Muller cun escape feminista

A rapazada tivo que atopar as chaves agochadas para abrir e liberar os cadeados

Vedra. O Concello de Vedra puxo en marcha varias iniciativas para conmemorar o Día da Muller. A última foi un escape feminista realizado na contorna do Arquivo Histórico Municipal de Vedra e das Sociedades de Emigrantes, nos arredores do campo da festa da vila.

Na actividade participaron un total de 20 mozos e mozas de entre 11 e 16 anos, en quendas de 4 persoas e cumprindo con toda a normativa preventiva en COVID. A través desta proposta a rapazada púxose as lentes violetas “para detectar machismos invisibilizados e, sempre a través da perspectiva de xénero, tiveron que descubrir e atopar cada unha das chaves situadas na sala e ir abrindo e liberando cadeados”, explican fontes municipais. A misión era detectar cada unha das desigualdades de xénero ocultas e así poder repartir as lentes violetas agochadas. Con esta acción a Área de Igualdade do Concello pechou a programación arredor do 8 M.

As propostas arrancaron coa actuación de Naviza Girl na Nave da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla. Un total de 50 persoas (o aforo máximo permitido nesta instalación) gozaron do espectáculo. As accións continuaron na biblioteca municipal, onde se desenvolveu a iniciativa da vedresa Isa Albela, un proxecto co que colaborou o Concello e que reivindicou “o papel da muller na sociedade a través da fotografía e homenaxeou a todas as mulleres da nosa vida”, apuntan dende o goberno local.

CAMELIA.Por certo que nas redes sociais poden verse as creacións dos participantes do Concurso de debuxo infantil da camelia. Na categoría de 3 a 6 anos a gañadora foi Lola Puente, seguida de Diego Lareo e Sara Rosende. Na de 7 a 9 o primeiro premio foi para Moraima Álvarez, o segundo para Antía Valle e o terceiro para Lucía Munín. Carmen Varela gañou na de 10 a 12, seguida de Julia Rodríguez e Xoel Rivadulla. A.P.

16 mar 2021 / 17:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.