Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vedra remata setembro con accións para emprender

Vedra. O Concello de Vedra rematará este mes de setembro con dúas accións que propoñen a posta en valor do emprendemento social no municipio coruñés.

Así, segundo a información facilitada polo Concello, as accións vanse celebrar hoxe xoves, 30 de setembro ás, 20.30 horas, na Nave da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla. Trátase dunha charla sobre A importancia do labor asociativo. Reactivando experiencias para a transformación do territorio. A actividade está aberta a todas as persoas pertencentes a unha asociación ou con interese nesta temática.

A intencionalidade desta conversa, explican, é a de crear un espazo de diálogo, “e de posta en común dos moitos colectivos asociativos vedreses que sen dúbida voltarán á normalidade con máis gañas e empuxe ca nunca”, indican.

Por outro lado, o venres 1 de outubro tamén ás 20.30 horas na Nave da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla realizarase un sinxelo acto de recoñecemento a persoas voluntarias, institucións, colectivos e empresas polo seu quefacer fronte á crise da covid. Para completar a información, os intereados podese chamar ao número de teléfono 663 893398. arca

30 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.